19 de dec. de 2012

Bóveda esquifada


Aquela formada pola intersección de dúas bóvedas de canón de distinto diámetro o que da lugar a catro panos triangulares esféricos con arestas entrantes (vistas desde abaixo) que se unen en plano ou nunha liña. Adoita empregarse para cubrir espazos rectangulares



3 de maio de 2012

Performance e happening

Performance deriva do inglés co significado de representación ou arte en vivo. Refírese a intervencións levadas a cabo por artistas contemporáneos que se serven da súa propia actuación ou da dos seus colaboradores nun determinado espazo escénico e durante un tempo concreto. Non se trata dunha representación senón dunha presentación.

Similar é o happening, derivado do inglés co significado de evento, suceso, acontecemento. Neste caso o espectador coa súa interacción xoga un papel fundamental. Ten máis de improvisación que a performance e maior número de participantes.

En ambos casos prevalece a idea, polo que está ligado á arte conceptual e moi influenciados polo dadaísmo.


Performance de William Pope, Comendo o Wall Street Journal, 2000















Abaixo un happening de Spencer Tunick en Amsterdam, 2007






12 de feb. de 2012

Rompemento de gloria

Escena pictórica, propia da arte barroca, que reproduce a abertura das nubes con gran aparato lumínico, deixando contemplar unha visión celestial con figuras tales como Deus, Xesucristo, a Virxen pu os santos.


Cúpula de Correggio na Catedral de Parma





Estípite




Elemento en forma de tronco de pirámide invertida que pode empregarse con función de soporte










Trampantollo

O trampantollo ou trompe-l'œil, é unha técnica pictórica que intenta que pareza real aquelo que non o é. Tratase pois dun engano visual


Exemplos

- Mantegna, Cámara dos Esposos no Palacio Ducal de Mantua





























- Bóveda da Igrexa de San Ignacio en Roma, obra de Andrea del Pozzo






- Escapando de la crítica, de Pere Borrel del Caso





















Está a ser moi utilizado polos artistas de rúa



Banksy e un dos seus grafitti nas rúas de Londres




















23 de xan. de 2012

Luneto

Bovediña en forma de media lúa aberta na bóveda principal sobre unha fiestra para incrementar a luz






9 de out. de 2011

Esfumato/sfumato



Técnica pictórica consistente en difuminar os contornos e os tonos das figuras para conseguir plasmar efectos atmosféricos e para dar profundidade.










  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Back to TOP  

Subir