26/05/2018

Basa, fuste, capitel


Columnas, piares e pilastras compóñense de tres partes : basa, fuste e capitel
..


BASA

Parte inferior da columna ou piar sobre a que repousa o fuste. Adoita combinar molduras variadas: cuadrangulares, concávas e convexas (plinto, escocia, toro, bocel), mais ou men os labradas.



FUSTE

Corpo cilíndrico da columna desde a basa ata o capitel.


ÉNTASE

Engrosamento do fuste dunha columna, na súa parte central, para corrixir as desviacións da perspectiva e conseguir que pareza recta en lugar de cóncava, que é como parecería de carecer de entáse.

Os fusten poden adortar formas diferentes. Nos exemplos: fuste sogueado (1), fuste fasciculado (2), fuste salomónico (3), fuste almofado nun piar (4)


O capitel é a parte superior da columna, piar ou pilastra que se sobrepón ao fuste e que sostén directamente o arquitrabe ou un arco. Adoita estar decorado e adopta formas moi diversas



CAPITEL DÓRICO

O capitel clásico constituído por equino, moldura circular e convexa, e ábaco, peza a modo de taboiña.


CAPITEL XÓNICO

O capitel clásico formado por volutas ás que se superpón un ábaco




CAPITEL CORINTIO

Capitel clásico quepresenta follas de acanto dispostas en dúas ou máis filas, as inferiores moi curvadas cara á fora e as superiores enroscadas (caulículos).



CAPITEL COMPOSTO

Capitel de creación romana por fusión de elementos xónicos e corintios, mesturando follas de acanto e volutas.


A diversidade de capiteles ó longo da historia é inmensa

Capiteles historiados
Capitel de volutas y piñas, capitel nazarí de mocárabes







  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Back to TOP  

Subir