2 de xuño de 2009

Bóvedas

Toda bóveda é unha cuberta arqueada que cubre un espazo entre muros ou entre soportes. Presenta diversas variantes.




Bóveda de canón: cuberta semicilíndrica, orixinada polo desprazamento dun arco de medio punto sobre soportes paralelos ao longo dun eixo lonxitudinal.










Bóveda de arestas: cuberta que se forma ó se cruzaren perpendicularmente dúas bóvedas de canón de igual frecha resultando do cruce catro arestas angulares.




Bóveda de crucería ou de cruz: cuberta que se forma polo cruce en aspa de arcos ou nervios estruturais sobre os que se apoia a cuberta propiamente dita ou plementería con función de recheo.
Os nervios transmiten os empuxes aos piares polo que non se precisa reforzar o muro como coa bóveda de canón.
A forma máis sinxela é a de catro nervios e catro plementos (cuatripartita), pero os nervios poden multiplicarse, teremos entón bóvedas sexpartitas, reticuladas, de abano, estreladas,.....






Cúpula: cuberta semiesférica xerada pola rotación dun arco que cobre un espazo de planta circular, poligonal ou cadrada. Nestes dous últimos casos precisa apoiarse sobre pendentes (pechinas) ou trompas.
Ás veces prefírese diferenciar: cúpula para a apoiada sobre pendentes, e bóveda semiesférica a que cobre un espazo circular ou se apoia sobre trompas.




Pendente/pechina: triángulo curvo que soporta unha cuberta semiesférica ou cúpula. Serve para pasar da planta cadrada á circular polo que se precisaan catro pendentes.











Trompa: estrutura triangular rematada en forma de bovediña que serve para achaflanar as esquinas e máis concretamente para sustentar a bóveda semiesférica que se levanta sobre base poligonal.














Bóveda vaída: a bóveda semiesférica que ó cubrir espazos cadrados queda cortada por catro planos verticais correspondentes ós lados do cadrado







Bóveda de forno: corresponde a un cuarto de esfera e adoita cubrir o espazo da ábsida semicircular.





Recoñecendo as bóvedas




En moitas ocasións, e para dar maior altura á cúpula, ésta levántase sobre un corpo cilíndrico ou poligonal chamado tambor no que adoitan abrirse fiestras para aumentar a iluminación. Se o tambor non leva vanos, a luz lograse por medio dun corpo superior denominado lanterna.

Mira o esquema da cúpula sobre un tambor e sobre pechinas, e o exemplo da cúpula de San Pedro do Vaticano que segue este esquema e tamén conta cunha lanterna
.



  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Back to TOP  

Subir